Esta bitácora pretende convertirse nun canle aberto de comunicación coa cidadanía

2.12.06

Inauguración ilegal da nova Casa do Concello

O BNG de Ares puxo en man do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a documentación relativa á construcción da nova Casa do Concello de Ares. A realización do proxecto nun terreo particular, a falta de expediente de contratación e a invasión de zona verde son algunhas das cuestións que se documentan no informe. A Xunta de Galicia ordenou a paralise da obra pero o alcalde de Ares fixo caso omiso desas comunicacións e de feito fixou a inauguración do edificio para o vindeiro 6 de decembro.

14.10.06

O alcalde Manuel Cendán imputado por presunto delito electoral

O xuiz de instrucción número 1 de Ferrol dictou auto contra o alcalde de Ares Jose Manuel Cendán (PP) e unha funcionaria municipal por presuntos empadronamentos irregulares co fin de inflar o censo electoral. No auto indicase que se seguirá procedemento abreviado e abrese un prazo de 10 dias para que tanto o ministerio fiscal, como as acusacións particulares, formulen escrito de acusación solicitando a apertura do xuizo oral ou o sobreseimento da causa. Con anterioridade ás eleccións municipais do 2003, os grupos políticos BNG, PSOE e UPAres fomularan distintas denuncias de empadronamentos masivos "en garaxes, direccións inexistentes e no domicilio do alcalde". Reclamaban investigar arredor de 200 inscripcións no padrón e no censo consideradas irregulares. O Partido Popular obtivo a maioria absoluta en Ares no 2003 por un marxe de 47 votos.

7.9.06

Os incendios de Chanteiro e Montefaro, a debate


A zona de Chanteiro resultou afectada polos incendios neste verán




Unha proposta para abordar o tema dos incendios forestais no Pleno, vimos de rexistrar no Concello de Ares. Queremos que o alcalde de resposta a preguntas como as seguintes:
¿Ratifícase nas manifestacións realizadas en agosto culpando do incendio da península de Montefaro e Chanteiro á política forestal da Xunta e aos métodos empregados na extinción do lume?
¿Por que abandonou a reunión na que a Xunta de Galicia informou sobre as axudas aso afectados polos incendios forestais?
¿Por que aos dous dias de plantar nesa xuntanza ao goberno de Galicia, edita un bando no que informa da tramitación das subvencións polo lume?

28.8.06

Contra o peche da escola de Cervás

Solicitamos do grupo de goberno do Concello de Ares a inmediata adopción de medidas dirixidas a evitar o peche da escola infantil de Cervás, tal e como ten publicado a Consellería de Educación no DOG o pasado 21 de xullo. O centro funcionou o pasado curso con 7 nenos, para o vindeiro hai matriculados 5, e prevése que como mínimo para o 2007 - 2008 haxa 8 rapaces. Se se confirma o peche da escola, os nenos de idades situadas entre os 3 e os 6 anos, deberán desprazarse ata o centro de Ares.

24.8.06

Rehabilitar as vivendas sociais "Cortiñas Gil"


As vivendas sociais "Cortiñas Gil" viven dende hai anos un continuo proceso de deterioro. O BNG iniciou no pasado mes de xuño unha campaña de sensibilización, en torno á necesidade de rehabilitar e poñer en valor estas edificacións, situadas no casco histórico de Ares. Dentro desta iniciativa, ás sete desta tarde visitará a vila o delegado provincial da Consellería de Vivenda Xoan Carlos Báscuas, co obxectivo de esplicar o contido do decreto da Xunta de Galicia que regula a criación de Areas de Rehabilitación Integral.

11.8.06

Streap tease no Mosteiro de Montefaro


Streap tease no mosteiro de Montefaro. Para este sábado anunciase unha churrascada con sesión de strippers nesta histórica edificación do Concello de Ares. O BNG denunciou esta mañá este tipo de actividades, indicando que non teñen que ver co mantenemento do patrimonio histórico artístico.
O Bloque levantou o pasado dia 7 un acta notarial onde se reflexa a utilización permanente de parte do Mosteiro por parte de entidades privadas. Iso incumpre claramente o convenio de cesión de Montefaro ao Concello de Ares, segundo os nacionalistas. Segundo afirman, o Ministerio de Defensa cedeu o mosteiro ao municipio para que se proceda á súa conservación e mantenemento. Para o BNG, en ningún caso se contempla a subconcesión a outro tipo de entidades. A asociación de moteiros “Comancheros” organizan para éste sábado en Montefaro unha churrascada con sesión de streap tease.